O vindeiro venres 25 de outubro, ás 9:15 horas na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (avenida García Barbón, 104, Vigo), se celebrará unha xornada formativa para empresarios titulada "Brexit e EEUU: Novo Escenario das Relacións Comerciais Internacionais", a cal se enmarca dentro da iniciativa do Foro Galego do Brexit. Neste evento, no que intervirán entre outros relatores, o conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, e o director xeral do IGAPE, Juan Cividanes, se debaterán as chaves económicas e políticas que rexen actualmente o comercio internacional. Así mesmo, os empresarios participantes poderán asistir a unha mesa de diálogo onde se discutirá o modo en que estas chaves afectan ás relacións comerciais exteriores do tecido empresarial galego. A cita servirá tamén para ofrecer información sobre as ferramentas desenvoltas pola Xunta de Galicia de cara a apoiar a internacionalización das pemes galegas no actual contexto económico mundial.

Todos os interesados deberán confirmar asistencia á xornada mediante a súa inscrición previa a través do seguinte formulario.

Pode consultar aquí o programa oficial deste 7º acto do Foro Galego do Brexit.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal