European Commission

A Unión Europea finalizara a súa preparación para o Brexit antes do 30 de marzo de 2019, a data prevista inicialmente. Como manifestou de forma reiterada a Comisión, a labor das medidas de continxencia consistirá en mitigar as perturbacións máis significativas que se deriven dunha retirada sen acordo. Estas medidas inclúen 19 de carácter lexislativo entre as que se atopan:

  • un regulamento relativo o Programa Erasmus+, que busca garantir que os estudantes e os bolseiros que se encontren no estranxeiro no momento da retirada do Reino Unido gracias a este Programa poidan completar os seus estudos e seguir recibido os fondos e becas pertinentes.
  • dúas medidas referidas o sector pesqueiro, que teñen por obxecto permitir que os pescadores e os operadores dos Estados membros da UE reciban unha compensación con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e de Perca pola paralización temporal das actividades pesqueiras e garantir o acceso de buques da UE a augas británicas en base a unha acción recíproca, respectivamente.
  • unha medida relativa o presuposto da UE, permitirá que, nun escenario de Brexit sen acordo, a Unión estea en condicións de cumprir con os seus compromisos e seguir realizando pagos en 2019 os beneficiarios do Reino Unido para os contratos firmados e as decisións tomadas antes do 30 de marzo de 2019 e acepte os controles e comprobacións de auditoría necesarios.

A Comisión tamén adoptou 63 actos non lexislativos en numerosos ámbitos políticos e 100 notas preparatorias a través das cales proporciona orientacións as partes interesadas e as autoridades nos eidos afectados pola retirada. Tras a prórroga do prazo previsto no artigo 50 ata o 31 de outubro de 2019, a Comisión avaliou todas as medidas de continxencia e concluíu que seguen sendo correctas e adecuadas á súa finalidade.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal