Trala publicación polo goberno do Reino Unido do proxecto de lei sobre o mercado interior, o 9 de setembro do 2020, o vicepresidente de Relacións Interistitucionais e prospectiva da Comisión Europea, Maroš Šefčovič, pediu que se celebrara unha reunión extraordinaria do Comité Conxunto UE - Reino Unido para pedir ao Reino Unido explicacións máis detalladas sobre as súas intencións e responder ás preocupacións da UE. Un día despois celebrouse esta reunión en Londres entre o vicepresidente da Comisión e o ministro británico responsable da supervisión das negociacións sobre o Brexit, Michael Gove.

CC-BY-4.0: © European Union 2019 – Source: EP

Bruxelas, 12 de setembro do 2020. Á saída desta reunión, Maroš Šefčovič, lembrou que a aplicación oportuna e plena do Acordo de Retirada, incluído o Protocolo sobre Irlanda e Irlanda do Norte, é unha obrigación legal, polo que a UE agarda que se respecte plenamente. Isto é así xa que a violación dos termos do mesmo infrinxiría o dereito internacional, socavaría a confianza e poría en perigo as futuras negociacións sobre as relacións en curso. Isto basease en que o Acordo de Retirada entrou en vigor o 1 de febreiro do 2020, tendo efectos xurídicos en virtude do dereito internacional a partir desta data. Por este motivo, nin a UE nin o Reino Unido poden modificar, aclarar, emendar, interpretar, ignorar ou deixar de aplicar unilateralmente o acordo.

Na mesma liña, o vicepresidente da Comisión Europea, xustifica que, se o proxecto de lei fose aprobado tal e como foi proposto, constituiría unha clara violación das disposicións substantivas do Protocolo: os parágrafos 3 e 4 do artigo 5 e o artigo 10 sobre a lexislación consuetudinaria e as axudas estatais, incluído, entre outras cousas, o efecto directo do Acordo de Retirada (artigo 4). Por outro lado, o Reino Unido estaría violando a obrigación de boa fe prevista no Acordo de Retirada (artigo 5), xa que o proxecto de lei pon en perigo a consecución dos obxectivos do Acordo. Así mesmo, a UE non acepta o argumento de que o obxectivo do proxecto de lei sexa protexer o Acordo do Venres Santo (Belfast), mais ben opina que fai o contrario.

Por todo isto, Maroš Šefčovič pediu ao goberno do Reino Unido que retire se estas medidas do proxecto de lei canto antes posible e, en calquera caso, a finais de mes. En opinión de Šefčovič, ao presentar este proxecto de lei, o Reino Unido danou seriamente a confianza entre ambas partes e agora tócalle restablecela. Por último, lembrou ao goberno do Reino Unido que o Acordo de Retirada contén unha serie de mecanismos e recursos xurídicos para facer fronte ás violacións das obrigacións xurídicas do texto que a UE non dubidará en empregar.

Fonte:Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal