A Comisión Europea prepara un plan B por se o Brexit descarrila

Bruxelas, 13 de novembro de 2017. O si do referendo británico ao Brexit sorprendeu a Bruxelas sen un plan de continxencia que amortecese ese enorme desafío. Transcorrido máis dun ano desde a consulta británica, a Comisión Europea quere evitar novos sobresaltos e prepárase xa por se o tortuoso proceso do Brexit descarrila. O Executivo comunitario creou un grupo de traballo que anticipa os efectos do divorcio, “incluídos plans de continxencia”, segundo un documento interno. O equipo opera de forma paralela á unidade que negocia con Londres.

Ligazón á nova

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal