• Co fin do período transitorio a escasas semanas, existe unha gran incerteza sobre se as partes chegarán a un acordo.
  • A Comisión propuxo unha serie de medidas de continxencia que garanten unhas conexións aéreas e por estrada básicas recíprocas entre a UE e o Reino Unido, así como a posibilidade de que os buques da UE e do Reino Unido poidan, recíprocamente, acceder e pescar nas súas augas.

Bruxelas, 10 de decembro de 2020. A Comisión Europea vén de presentar unha serie de medidas de continxencia específicas que teñen como obxectivo cubrir o período durante o cal non haxa acordo. Se ningún acordo entrase en vigor, concluirían transcorrido un prazo determinado.

Aínda que un escenario de saída sen acordo causará perturbacións en moitos ámbitos, algúns sectores veranse afectados de forma desproporcionada debido á falta de solucións alternativas adecuadas e a que, nalgúns sectores, as partes interesadas non poden adoptar por elas mesmas medidas paliativas. Por conseguinte, a Comisión presenta hoxe as seguintes medidas de continxencia para paliar algunhas das graves perturbacións que se producirán o 1 de xaneiro no caso de que non haxa aínda un acordo co Reino Unido:

  • Conectividade aérea básica: Unha proposta de Regulamento para garantir a prestación de determinados servizos aéreos entre o Reino Unido e a UE durante seis meses, sempre que o Reino Unido garanta o mesmo.

  • Seguridade aérea: Unha proposta de Regulamento que garante que os diversos certificados de seguridade dos produtos poidan seguir utilizándose nas aeronaves da UE sen interrupción, evitando así a inmobilización en terra das aeronaves da UE.

  • Conectividade básica por estrada: Unha proposta de Regulamento que contempla as conexións básicas tanto no que se refire ao transporte de mercadorías por estrada como ao transporte de pasaxeiros por estrada durante seis meses, sempre que o Reino Unido garanta o mesmo aos transportistas da UE.

  • Pesca: Unha proposta de Regulamento para crear o marco xurídico adecuado ata o 31 de decembro de 2021, ou ata que se celebrou un acordo de pesca co Reino Unido, para o acceso recíproco dos buques da UE e do Reino Unido ás augas da outra parte despois do 31 de decembro de 2020. A fin de garantir a sustentabilidade da pesca e tendo en conta a importancia desta para o sustento económico de moitas comunidades, é necesario facilitar os procedementos de autorización dos buques pesqueiros.

A Comisión colaborará estreitamente co Parlamento Europeo e o Consello con vistas a facilitar a entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2021 dos catro Regulamentos propostos.

A disposición e a preparación de fronte ao 1 de xaneiro de 2021 son agora máis importantes que nunca. As perturbacións produciranse con ou sen acordo entre a UE e o Reino Unido sobre as súas relacións futuras.

Contexto

O Reino Unido abandonou a UE o 31 de xaneiro de 2020. Naquel momento, ambas as partes acordaron un período transitorio ata o 31 de decembro de 2020, durante o cal o Dereito da UE seguiría aplicándose ao Reino Unido. A UE e o Reino Unido están a aproveitar este prazo para negociar as condicións da súa futura asociación, aínda que o resultado destas negociacións é incerto.

O Acordo de Retirada segue en vigor pero as administracións públicas, as empresas, os cidadáns e as partes interesadas de ambas as partes deben prepararse para o final do período transitorio.

Máis información: Comisión Europea

Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións sobre medidas de continxencia limitadas se non se alcanza un acordo sobre unha futura asociación có Reino Unido

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal