• O obxectivo desta iniciativa é fomentar o debate e manter informadas ás partes interesadas sobre as negociacións e avances no proceso do Brexit e as súas consecuencias para Galicia e os galegos.
  • O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Pablo García-Berdoy y Cerezo, foron os encargados de presentar as primeiras reflexións sobre o futuro da Unión Europea sen o Reino Unido.
  • A páxina web específica que a Fundación Galicia Europa lanza hoxe recolle todas as noticias e os documentos e estudos de interese sobre o Brexit.

Bruxelas, 30 de abril de 2018. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador permanente de España ante a Unión Europea, Pablo García Berdoy, inauguraron hoxe en Santiago de Compostela o Foro Galego do Brexit, cun debate que se centrou no sector pesqueiro, pero no que tamén se falou do posible impacto da saída de Reino Unido noutros sectores coma o téxtil, o conserveiro ou o da automoción; todos eles de extrema importancia para Galicia.

Tanto Feijóo coma García Berdoy coincidiron en resaltar o sector da pesca coma un dos prioritarios no marco das negociacións entre a Unión Europea e os británicos. Neste sentido, o presidente da Xunta resaltou que as negociacións marcarán o futuro de máis dun centenar de buques, 66 deles galegos, e un volume de primeira venta que ascende a 500 millóns; polo que Galicia continuará seguindo moi de preto todo o proceso.

Os cambios que poidan producirse en educación tras a saída do Reino Unido tamén foron comentados no evento debido ao interese do público. Neste ámbito e nun corto prazo, García-Berdoy, asegurou que non se esperan grandes cambios.

Lanzamento da páxina web

Aproveitando a apertura do Foro Galego do Brexit, a Fundación Galicia Europa lanza unha web específica sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea, que complementará, mediante a actualización continua de noticias e documentos de interese, o ciclo de debates, seminarios e conferencias.

O propósito do Foro Galego do Brexit é o de recopilar o avance das negociacións e fomentar o debate e intercambio de información e opinións entre os principais actores económicos e sociais de Galicia a través de eventos como o organizado hoxe en Santiago de Compostela.

Con esta finalidade, o Foro Gallego del Brexit dispón da súa propia páxina web, de acceso público, destinada a recopilar e difundir toda a información relevante para institucións, sectores empresariais e cidadáns galegos que poidan verse afectados polas repercusións do Brexit nas súas actividades laborais ou persoais.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal