O Presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, recoñeceu os avances contidos na proposta de Reino Unido, especialmente en relación á regulación e o control de todos bens que entren en Irlanda do Norte desde o Reino Unido. Con todo, a Comisión considera que aínda existen puntos problemáticos que necesitan ser elaborados, especialmente en relación ao backstop, xa que o delicado equilibrio do Acordo do Venres Santo debe ser preservado.

O 2 de outubro Michel Barnier informou os membros do Grupo Director do Brexit do Parlamento Europeo da última proposta do Reino Unido. Tras un intercambio de opinións, o Grupo manifestou que a proposta do Goberno de Reino Unido do 2 de outubro non aborda os verdadeiros problemas que deben ser resoltos: a economía da illa, o respecto ao Acordo do Venres Santo e a integridade do Mercado Único. En concreto, o Grupo expresou a súa preocupación en relación a tres aspectos da proposta:

En primeiro lugar as propostas do Reino Unido en relación ás aduanas e os aspectos regulatorios detallan as infraestrucutra e controis necesarios, pero non ofrecen claridade en relación a cando e como se implementarían.

En segundo lugar, a proposta de Reino Unido soamente sería desenvolta en detalle pola Unión Europea e o Reino Unido ou, no seu caso, por Reino Unido de forma unilateral durante o período de transición de 14 meses. Isto implicaría que o Parlamento Europeo tería que aprobar o Protocolo sen coñecer as súass implacións e sen contar con garantías acerca do seu funcionamento legal.

En terceiro lugar, o feito de que se lle de dereito de decisión á Asemblea de Irlanda do Norte fai que o potencial acordo sexa incerto, provisional e unilateral, en lugar da rede de seguridade provista polo backstop. Ademais, a Asemblea de Irlanda do Norte permaneceu case tres anos sen actividade e, por tanto, resulta cuestionable que poida facerse responsable dun tratado internacional desta natureza.

En suma, o grupo ten serias dúbidas acerca da proposta de Reino Unido e considera que non se axusta en absoluto ao que se acordou como compromiso suficiente no backstop.

Fonte: Parlamento Europeo, Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal