• O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe por videoconferencia nun debate sobre a economía de Vigo e a súa área fronte a saída do Reino Unido da Unión Europea

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021.O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destacou hoxe o traballo da Xunta para dotar ás empresas galegas que exportan e operan no Reino Unido dunha maior resiliencia ante o Brexit. Así o sinalou durante a súa participación hoxe por videoconferencia nun debate organizado pola Fundación ProVigo sobre a economía de Vigo e a súa área ante á saída do Reino Unido da Unión Europea, onde destacou as novas medidas e a continuidade das que xa se viñan aplicando antes do acordo.

Nesta liña, Jesús Gamallo explicou que se activará a nova Oficina Brexit para asesorar e axudar a empresas que comercian neste destino na súa adaptación ás novas esixencias derivadas do Brexit.

Ademais, a Xunta apoiará a través do Cheque Brexit para que as empresas poidan contar con servizos de consultaría e elaborar diagnoses para avaliar a súa situación respecto as repercusións da saída británica.

Tamén se manterá o asesoramento e a información realizado tanto a través da plataforma de avaliación do impacto do Brexit, que coordina o IGAPE desde 2019, así como nos puntos de información específicos no departamento de internacionalización do IGAPE e da Fundación Galicia Europa (FGE).

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal