• O espazo ofrece ligazóns ás tres áreas do Ministerio

Madrid, 6 marzo de 2019. Xa está dispoñible a páxina web denominada ‘Preparados para o Brexit’, unha ferramenta habilitada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que ofrece información sobre o proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea en relación coas áreas de competencia do Departamento.

A web -aloxada no sitio oficial do Ministerio (https://www.mincotur.gob.es/)- proporciona información e asesoramento aos cidadáns europeos que residen en Reino Unido e aos cidadáns británicos que residen dentro da UE, así como ás empresas e operadores que manteñen relación económica ou comercial co Reino Unido.

O espazo ofrece ligazóns ás tres áreas do Ministerio:

  • Industria e Peme, dedicado aos asuntos de interese para as futuras relacións das empresas en ámbitos como a automoción, o sector químico, asuntos sobre propiedade intelectual e industrial, sobre normativa en materia de produtos industriais, de inspección de buques ou produtos farmacéuticos.

  • Comercio: A ligazón redirecciona á web da Secretaría de Estado de Comercio, que funciona desde hai uns meses, e que ofrece información sobre os procedementos para a protección de investimentos, a actividade dos servizos financeiros e de crédito, sobre as medidas de defensa comercial para as empresas establecidas no Reino Unido ou a aplicación de impostos indirectos.

  • Turismo, destinada a informar sobre os dereitos dos turistas como consumidores de servizos de viaxes combinadas ou os dereitos á cobertura sanitaria.

Ademais, a páxina web do Ministerio ofrece ligazóns de interese ás respectivas páxinas do Palacio da Moncloa, dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, de Economía e Empresa e de Interior, a Axencia Tributaria, así como, das institucións europeas -Consello, Parlamento e Comisión- e ao Goberno británico.

O espazo conta, así mesmo, cun apartado de preguntas frecuentes ( FAQ’ s) onde os cidadáns e empresas poden facer consultas ou achegas sobre os seus intereses directamente á Administración, e un apartado de noticias de actualidade relacionadas co ‘ Brexit’.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal