Preguntas frecuentes

Respostas Brexit

Obtén resposta ás dúbidas máis habituais sobre o brexit

Realiza a túa consulta

Se tes algunha dúbida respecto ás consecuencias do brexit, podes poñerte en contacto co equipo da Fundación Galicia Europa a través deste formulario:

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal

Todos os cidadáns da UE e os seus familiares que desexen seguir residindo, traballando ou estudando no Reino Unido despois do 30 de xuño de 2021, deberán solicitar obrigatoriamente (incluídos os menores de idade) un permiso de residencia en base ao EU Settlement Scheme, un novo procedemento do Ministerio do Interior británico (Home Office). Para iso, requírese que o cidadán da UE resida no Reino Unido antes do 31 de decembro de 2020. En base ao EU Settlement Scheme (EUSS), outorgaranse dous status:  

  • Settledstatus ou permiso de residencia indefinido, para aqueles cidadáns da UE e familiares que residisen no Reino Unido de forma continua máis de 5 anos. 
  • Os cidadáns da UE e os seus familiares que desexen trasladarse ao Reino Unido para residir, traballar ou estudar despois do 31 de decembro de 2020 deben saber que o 1 de xaneiro de 2021, entrará vigor o novo sistema migratorio británico. Por tanto, todos aqueles cidadáns que desexen entrar no Reino Unido para traballar, estudar ou residir (independentemente da súa nacionalidade) deberán rexerse polo novo sistema migratorio británico.  

    Poderá atopar toda a información dispoñible ata a data nestligazón. 

    Se ten dúbidas sobre o novo sistema migratorio británico, pode consultar a información na páxina web das autoridades británicas. Dependendo das súas respostas, indicaranlles que tipo de visado ou permiso necesitan para entrar no Reino Unido a partir do 1 de xaneiro de 2021.  

O prazo final para solicitar os devanditos permisos de residencia en base ao EU Settlement Scheme será o 30 de xuño de 2021. Para iso, requírese que o cidadán da UE resida no Reino Unido desde antes do 31 de decembro de 2020.