A Comisión Europea acolle con satisfacción a decisión adoptada hoxe polo Consello, tal como esperábase, de autorizar a apertura das futuras negociacións de asociación co Reino Unido.

As directrices de negociación adoptadas hoxe baséanse no proxecto de recomendación presentado pola Comisión o 3 de febreiro de 2020. Respectan plenamente as directrices e conclusións do Consello Europeo, así como a Declaración Política acordada entre a UE e o Reino Unido en outubro de 2019.

As directrices xerais de negociación definen o alcance e os termos da futura asociación que a Unión Europea prevé co Reino Unido. Esas directrices abarcan todas as esferas de interese para as negociacións, entre elas, a cooperación comercial e económica, a cooperación policial e xudicial en materia penal, a política exterior, a seguridade e a defensa, a participación nos programas da Unión e outras esferas temáticas de cooperación. Nun capítulo dedicado á gobernanza esbózase un marco xeral de gobernanza que abarca todas as esferas de cooperación económica e de seguridade.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, dixo: «Estamos listos para iniciar negociacións co Reino Unido. Queremos construír unha estreita e ambiciosa asociación futura, xa que isto é no mellor interese das persoas a ambos os dous lados da Canle. Quixese agradecer ao Parlamento Europeo e a todos os Estados Membros pola súa continua confianza no noso equipo de negociación. Traballaremos tan duro como podamos para lograr o mellor resultado posible».

Michel Barnier, o negociador xefe da Comisión Europea, dixo: «Estamos decididos a chegar a un acordo que protexa os intereses da UE. Traballaremos man a man co Parlamento Europeo e todos os Estados membros e seguiremos sendo totalmente transparentes durante todo este proceso».

Na súa calidade de negociador da Unión, a Comisión ten a intención de seguir traballando en estreita coordinación co Consello e os seus órganos preparatorios, así como co Parlamento Europeo, como ocorreu durante as negociacións do Acordo de Retirada.

Próximos pasos

As negociacións formais co Reino Unido comezarán a semana do 2 de marzo de 2020.

Fonte: Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal