May recibe a empresarios europeos para falar do Brexit

Bruxelas, 13 de novembro de 2017. A primeira ministra británica, Theresa May, reúnese hoxe en Londres con líderes empresariais europeos para analizar o futuro das relacións comerciais entre o Reino Unido e a Unión Europea (UE) despois do Brexit. O encontro terá lugar na residencia oficial do 10 de Downing Street e foi organizado pola Confederación da Industria Británica (CBI), segundo fontes oficiais. A directora da CBI, Carloyn Fairbairn, dixo hoxe á BBC que é unha reunión importante debido á ”urxencia” que senten os empresarios ante as negociacións.

Ligazón á nova

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal