• Os eurodeputados pechan filas en torno ao negociador da UE, Michel Barnier
  • A UE rexeita a selección interesada de temas que defende o Reino Unido
  • O Parlamento Europeo esixe un acordo sobre igualdade de condicións e pesca para dar a súa aprobación

O Parlamento lamenta que sigan as diverxencias substanciais a pesar do pouco tempo que queda para alcanzar un acordo sobre a futura relación entre a Unión Europea e o Reino Unido

Nunha resolución aprobada o xoves por ampla maioría, a Cámara avalía as negociacións entre a Unión Europea e o Reino Unido para definir a súa nova asociación e constata a intención das partes de intensificar as conversacións no mes de xullo.

Os eurodeputados lamentan que, despois de catro roldas de negociacións, non se fixeron progresos reais e que sigan as diverxencias substanciais.

Fan fincapé en que un acordo global beneficiaría a ambas as partes. Pero inciden en que para a Unión resulta ?inaceptable? a selección interesada de políticas que expón o Reino Unido á vez que presiona para ter acceso ao mercado interior tras o brexit. Os deputados expresan a súa profunda preocupación ante a insistencia do Goberno británico por negociar tan só os ámbitos que lle interesan ao Reino Unido.

Na resolución reitérase o apoio pleno e incondicional do Parlamento ao labor do negociador principal da UE, Michel Barnier, nos seus contactos cos negociadores británicos, con arranxo ao mandato de negociación que lle conferiron os Estados membros e o Parlamento.

O PE pide ao Reino Unido que respecte os compromisos establecidos na Declaración Política, asinada polo primeiro ministro Boris Johnson e ratificada tanto pola Unión Europea como polo Reino Unido.

Obrigacións derivadas da retirada

O documento sinala que a aplicación estrita do Protocolo sobre Irlanda/Irlanda do Norte e a aplicación efectiva do Acordo de Retirada, para os cidadáns da UE en Reino Unido pero tamén no referido aos dereitos dos británicos en territorio comunitario, , son condicións previas para celebrar un acordo sobre a futura relación co Reino Unido.

Competencia en igualdade de condicións e pesca

A Cámara reitera que a aprobación por parte do Parlamento de todo futuro acordo comercial co Reino Unido dependerá da aceptación polo Goberno británico da igualdade de condicións (regras e normas comúns) en ámbitos como a protección do medio ambiente, os estándares laborais e as axudas estatais, así como da celebración dun acordo de pesca satisfactorio. Esta esixencia se justifica pola proximidade xeográfica do Reino Unido, o grao de interconexión e o alto nivel de armonización e interdependencia existente coa normativa da Unión.

A resolución destaca que por agora o Reino Unido non estableceu negociacións sobre as condicións de competencia equitativas.

O texto, adoptado con 572 votos favorables, 34 en contra e 91 abstencións, poderá consultarse nesta ligazón (18.06.2020).

Declaración de David McAllister

?A Unión Europea e o Reino Unido han manifestado a súa vontade de lograr importantes avances nas negociacións durante o mes de xullo. Na resolución aprobada hoxe, o PE manifesta a súa boa disposición para alcanzar un acordo ambicioso e xusto, sen ceder nos nosos principios nin obxectivos?, sinalou David McAllister (PPE, Alemaña), presidente da comisión parlamentaria de Asuntos Exteriores e do Grupo de Coordinación sobre o Reino Unido (UKCG).

Pique nos nomes dos oradores para ver as súas intervencións no pleno:

David McAllister, presidente da comisión de Exteriores

Bernd Lange (S&D, Alemaña), presidente da comisión de Comercio Internacional

Kati Piri (S&D, Países Baixos), co-relator

Christophe Hansen (PPE, Luxemburgo), co-relatora

Contexto

O período de transición vixente conclúe o 31 de decembro de 2020. Para que un novo acordo, xa sexa comercial ou xeral, poida entrar en vigor ao día seguinte, as Partes deben subscribilo en outubro como moi tarde. A continuación, o texto debe ser ratificado polo Parlamento Europeo e polo Parlamento do Reino Unido. En caso dun acordo mixto, é así mesmo necesaria a ratificación do conxunto de Parlamentos nacionais dos Estados membros.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal