• Downing Street pretende asegurar os dereitos dos buques e armadores galegos con pabellón británico faenando en augas nacionais británicas.
  • A ausencia dun acordo post-Brexit supondría impedir o acceso a ditas augas.

Tras meses de incertidume, os intereses das flotas galegas que pescan con bandeira de conveniencia, é dicir, en augas británicas, pagando licencias e impostos ás autoridades do Reino Unido para poder faenar coa plantilla galega nas augas territoriais do país,  recibiron unha mensaxe de tranquilidade por parte dun documento de traballo elaborado polo Goberno británico.

Según dito documento de traballo, non se introduciría ningunha modificación lexislativa en relación aos dereitos e responsabilidades de aqueles barcos, en conformidade coas condicións das licencias previas.

Así, a pesar das dudas persistentes sobre o reparto das cuotas e das consecuencias derivadas dunha hipotética ausencia de acordo, a importancia de caladeiros como o das Illas Malvinas e as negociacións sobre os intercambios comerciais e os estándares de calidade, fan que ambas partes compartan a necesidade de lograr un acordo que non perxudique a situación dos buques e armadores galegos con contrato vixente nin as oportunidades do Reino Unido dentro do sector da pesca para seguir sendo competitivo nos mercados europeos.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal