O Consello Europeo reuniuse en abril para regular a necesidade de visado tras o Brexit

  • Os cidadáns do Reino Unido non precisarán de visado para estancias cortas
  • A medida está suxeita á reciprocidade
  • A Comisión vixiará de forma continua o seu cumplimento

8 de maio de 2019. Santiago. O pasado mes de abril o Consello Europeo aprobou unha modificación ao Regulamento 2018/1806 con vistas ao Brexit. A medida adoptada muda os requisitos para que os cidadáns do Reino Unido estean exentos da obligación de solicitar un visado para estancias curtas na UE se o Brexit se materializa. Esto afectará a aqueles viaxeiros que visiten a Unión por 90 días, por períodos de 180 días.

Reciprocidade

Esta exención de visado estará suxeita a reciprocidade, e só terá validez se o Reino Unido promulga un regulamento semellante que afecte a todos os estados da UE. Pola súa banda goberno do país anglosaxón xa declarou a súa intención de non requerir visado para cidadáns europeos que desfruten de estancias curtas no seu país.

Mecanismos de control en materia de visados

No caso en que nun futuro o Reino Unido introduxese a obliga de visado para al menos un dos estados membros, as tres institucións da UE procederían a aplicar o mecanismo de reciprocidade existente.

A Comisión comprometeuse a supervisar de forma continua que o principio de reprocidade é respectado. Se xurdise calquer cambio que puxese en perigo este principio o Parlamento e o Consello serían informados de forma inmediata.

Información de interese:

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal