O Brexit se prorroga ata o 31 de outrubro
Negociación da prórroga do Brexit

Tusk defende una prórroga flexible, pero comina aos británicos a non perder o tempo. Reino Unido terá 6 meses para darlle solución a un Brexit estancado

O pasado mércores 10 de abril o Consello Europeo mantivo unha reunión na que participou a Primeira Ministra Británica, Theresa May, na que Reino Unido solicitaba una nova prórroga ao período indicado no artigo 50 del TUE (Tratado de la Unión Europea).

O Consello Europeo decidiu dar unha resposta afirmativa á carta formal, emitida o día 5 de abril, aprobando unha prórroga á ratificación do Acordo de Retirada. Esta prórroga estenderase durante 6 meses, como máximo, ata o día 31 de outubro de 2019. No caso de que ambas partes acaden un acordo, a retirada producirase o primeiro día do mes seguinte. Ademais insístese en que o Acordo de Retirada non está suxeito a modificacións e que calquera decisión unilateral debe ser compatible co xa pactado, anque se poderá dar marcha atrás e cancelar o proceso
do Brexit.

Un dos puntos máis controvertidos é a necesidade de que Reino Unido
participe nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar do 23 ao 26 de maio de este año. Este escenario producirase si o Acordo de Retirada non se ratifica antes do 22 de maio, polo que as eleccións deberanse celebrar de conformidade co Dereito da Unión. No suposto caso de que Reino Unido non cumpra esta obriga, a saída producirase con efecto inmediato o 1 de xuño de 2019.

Isto se debe a que, durante la prórroga, o Reino Unido seguirá sendo un membro de pleno dereito da Unión, con todos los dereitos y deberes que isto supón. De feito o Consello Europeo recoñece o compromiso de Reino Unido para manter unha cooperación leal dentro das institucións comunitarias. Así mesmo o Consello Europeo comprométese a seguir observando este proceso e realizar unha valoración sobre a evolución do Brexit o vindeiro xuño de 2019.

Para máis información consulte:

Observacións do Presidente Tusk

Conclusións do Consello Europeo extraordinario 10/04/19

Decisión do Consello Europeo para a prórroga do prazo previsto para o Brexit 10/04/19

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal