Seguindo a súa liña de actuación, o goberno de Theresa May segue a publicar información para cubrir todas as posibilidades que se abren perante a saída do Reino Unido da Unión Europea. O Departamento de Comercio Internacional do goberno británico presentou, a finais do mes de abril, unha colección de guías para exportadores británicos aos 27 países da Unión. Estes documentos están orientados a cubrir o escenario dun suposto Brexit sen acordo, a pesares de que o seu obxectivo segue sendo unha saída pactada.

Como sería un escenario sen acordo?

  • Se o Reino Unido deixa a UE nesta condicións o Tratado de Libre Comercio deixarase de aplicar con calquera dos estados membros da unión, incluído España.
  • Nese caso aplicaranse as tarifas e cotas baixo as regras da Organización Mundial de Comercio, aplicando sempre os termos de “nación máis favorecida”.
  • Deberase realizar o mesmo procedemento que se cumpre actualmente para exportar dende o Reino Unido a calquera outro país do mundo.
  • Verase afectada a listaxe de produtos controlados.
  • No caso de provisión de servizos a España deberán ter en conta o tratado transfronteirizo, a estrutura do seu negocio, requisitos de visado, recoñecemento de títulos profesionais e a lei de protección de datos (entre outros elementos).
  • Cambio na regulamentación de visita aos países da Unión.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal