O pasado 30 de agosto tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo Brexit Galicia, que ten por obxectivo asesorar ás empresas galegas sobre o progreso das negociacións relativas á saída do Reino Unido da UE. O grupo de traballo está composto pola Axencia Tributaria, as autoridades portuarias, a Secretaría de Estado de Comercio, o ICEX, representantes dos principais sectores da economía galega e expertos en comercio exterior das tres universidades galegas.

Que supón o mercado británico para Galicia?

O grupo traballa sobre a premisa de que o mercado británico é o cuarto en orde de importancia para as exportacións galegas, representando un 7% do total das mesmas. Esto deriva en que a praza da Gran Bretaña se configura como un mercado estratéxico para as empresas exportadoras galegas.

Colaboración entre institucións públicas e privadas

Sergio Prieto, director territorial do ICEX en Galcia, fixese fincapé no gran traballo que desenvolveu o Executivo galego, en colaboración con asociacións sectorias e profesionais, dende finais do ano pasado para difundir as medidas que se adoptaron para afrontar o Brexit da mellor forma posible.

Pola súa banda Javier Losada, delegado do goberno na nosa comunidade, lanzou unha mensaxe tranquilizadora, asegurando que debemos “convertir o Brexit nunha oportunidade, non nun problema”. Con esta intención o grupo establecue coma prioridade valorar periódicamente a evolución do proceso, avaliando o coñecemento, preparación e dificultades cos que se poden atopar os sectores socioeconómicos galegos más afectados polo proceso. Neste sentido recalcou a importancia da colaboración entre as institucións públicas e privadas para facer frente aos retos que presenta o Brexit, sexa con acordo ou sen el, actuando de forma conxunta para sacar o máximo rendemento ás oportunidades que xurdan e minimizando o alcance das ameazas que se presentan.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal