Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

O pasado mes de marzo o Instituto Galego de Promoción Económica lanzou unha ferramenta en liña, a aplicación está destinada a comprobar a preparación de pequenas e medianas empresas perante o Brexit, tanto no caso dunha saída ordenada coma unha saída sen acordo.

Acceso á ferramenta do IGAPE

Este “test de tensión” está accesible a través da páxina web brexitgalicia.com e a través do sitio do Foro Galego para o Brexit (brexitgalicia.eu). Como medida complementaria se anunciou a creación dunha oficina física de atención ás empresas afectadas pola saída de Reino Unido da UE.

A ferramenta é gratuíta e permite avaliar a situación da sociedade de forma periódica. Coa información aportada o IGAPE remitirá un informe sobre a situación actual da empresa, a súa exposición e o nivel de madurez da mesma para afrontar o proceso.

Información de interese:

IGAPE: Diagnóstico Brexit. Manual de usuario.
Contacto: brexitgalicia@igape.es

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal