Ursula von der Leyen chega ao número 10 de Downing Street, onde a recibe Boris Johnson
Fonte: EC - Audiovisual Service

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020. O Parlamento británico aprobou o pasado mércores 22 de xaneiro o acordo definitivo para sustanciar o Brexit, que debe ser sancionado pola Reina Isabel II para a súa entrada en vigor.

Trámites parlamentarios

O texto final foi negociado polo primeiro ministro conservador, Boris Johnson, en Bruxelas e aprobado pola Cámara dos Comúns a principios de xaneiro. Esta versión do acordo foi presentada ante a Cámara dos Lores, que a aprobaron coa proposta de cinco emendas. As correccións referíanse principalmente aos dereitos dos ciudadáns da UE residentes en Reino Unido e á situación dos menores refuxiados non acompañados; pero foron rechazadas pola Cámara dos Comúns o mércores. Finalmente o texto orixinal foi aprobado nunha segunda votación pola Cámara Alta e, de acordo coa última prórroga acordada polo Consello da Unión Europea, a data prevista para a saída será o próximo 31 de xaneiro.

Para que este acordo sexa efectivo é necesaria a ratificación da Eurocámara. A votación terá lugar o próximo 29 de xaneiro, dous días antes da data prevista para o Brexit. O pacto de ruptura entre Reino Unido e os seus 27 socios farase efectivo tras máis de tres anos e medio de negociacións, seguindo o resultado do referendo de xuño de 2016. Finalmente evitarase unha saída sen acordo, un dos principais temores dos implicados, e está previsto un periodo de transición que chegará ata finais deste ano. Durante este tempo, Reino Unido seguirá suxeieto ás normativas europeas e continuarán as negociacións para concretar os pormenores da relación futura entre ambos .

O próximo 1 de xullo a UE e Reino Unido terán a oportunidade de estender o periodo de transición en un ou dous anos, postura que defendida pola Presidenta de la Comisión, Úrsula von der Leyen, se ben as declaracións de Boris Johnson a este respecto fan dudar desta posibilidade.

A postura da UE

En palabras de Michel Barnier, xefe do grupo de traballo para as relacións co Reino Unido da Comisión Europea, o pasado 9 de xaneiro en Estocolmo :

"Este acordo será ratificado nos próximos días en Londres, na Cámara dos Comúns, e polo Parlamento Europeo a finais deste mes (o 29 de xaneiro).

O acordo de saída tamén nos provee de, por lo menos, 11 meses de continuidad.

Por suposto, dado que cesará na súa condición de Estado membro da UE a final de mes, o Reino Unido deixará de ter representación nas institucións da UE (…). Pero seguirá pertencendo ao mercado único e á unión aduaneira ata o final de 2020.

Durante este período de transición o libre movemento de persoas, bens, servizos e capital seguirán sendo aplicados. Esto daranos algo de tempo, pouco tempo, para preparar a nosa futura relación.

É importante entender que o Brexit es unha especie de divorcio. Agora temos negociado un divorcio ordenado. Pero agora o Reino Unido deixará automática, mecánica e legalmente de ser parte de 600 acordos internacionais. (…)

O marco temporal deste reto é extremadamente desafiante (…). Se o primeiro ministro Johnson non quere exstender o período de transición más aló do final de ano, e xa mostrou a súa intención de non facelo na nosa última reunión con Úrsula von der Leyen, teremos menos de 11 meses para concluir o acordo.

Se fallamos, o período de transición rematará o 1 de xaneiro de 2021 sen ningún acordo para a nosa futura relación ne seu sitio.

  • Isto non afectará ás cuestións cubertas no acordo de saída: o estado financeiro e, afortunadamente, o acordo referido á illa de Irlanda e os seus ciudadáns permanecerá.
  • Pero isto significará a volta dos aranceis e as cotas: un anacronismo para as economías interconectadas como as nosas. (…)

Pero esto significará a volta dos aranceis e as cotas: un anacronismo para as economías interconectadas como as nosas. (…)

Loitaremos por unha colaboración que irá más aló do comercio e sen precedentes: cubrirá todo desde os servicios aos caladoiros, acción climática, enerxía, transporte, espazo, seguridade e defensa."

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal