• O líder laborista, Jeremy Corbyn, presenta unha moción de censura contra a primeira ministra

Reino Unido, 15 de xaneiro de 2019. Theresa May sufriu este martes a derrota parlamentaria anunciada durante semanas. Westminster rexeitou de forma rotunda o acordo do Brexit alcanzado coa UE, con 432 votos en contra e 202 a favor. O líder da oposición, o laborista Jeremy Corbyn, anunciou a presentación dunha moción de censura contra a primeira ministra que se discutirá e votará este mércores. As primeiras reaccións parlamentarias apuntan a que probablemente May logrará superar a moción.

Fonte: El País

 

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal