• O Vicepresidente da Comisión Europea Maroš Šefčovič e o Chanceler do Ducado de Lancaster do Reino Unido, Michael Gove reuníronse o pasado 11 de febreiro para preparar o próximo Comité Conxunto sobre a aplicación do Protocolo sobre Irlanda/Irlanda do Norte e as cuestións pendentes

Bruxelas, 15 de febreiro de 2021. Os copresidentes do Comité Conxunto UE-Reino Unido sobre o Acordo de Retirada -o Vicepresidente da Comisión Europea Maroš Šefčovič e o Chanceler do Ducado de Lancaster do Reino Unido, Michael Gove- reuníronse o pasado 11 de febreiro para preparar o próximo Comité Conxunto sobre a aplicación do Protocolo sobre Irlanda/Irlanda do Norte e as cuestións pendentes.

Tras un debate franco pero construtivo, e tendo en conta as opinións expresadas o 3 de febreiro polo Primeiro Ministro e o Viceprimeiro Ministro de Irlanda do Norte, os dous  copresidentes acordaron:

  • Reiterar o seu pleno compromiso co Acordo de Venres Santo (Belfast) e coa correcta aplicación do Protocolo, protexendo os logros do proceso de paz, mantendo a estabilidade, evitando unha fronteira dura na illa de Irlanda e afectando o menos posible á vida cotiá das comunidades tanto en Irlanda como en Irlanda do Norte.
  • Non escatimar esforzos para aplicar as solucións mutuamente acordadas o 17 de decembro, xa que constitúen a base da cooperación.
  • Intensificar o traballo do Comité Especializado sobre o Protocolo para abordar todas as cuestións pendentes, co obxectivo compartido de atopar solucións viables sobre o terreo.
  • Apoiar este traballo mediante un maior compromiso conxunto do Reino Unido e a UE cos grupos empresariais e a sociedade civil de Irlanda do Norte.
  • Convocar o Comité Mixto como moi tarde o 24 de febreiro para dar o impulso político necesario.

Máis información: Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal