• Tras os acordos acadados na reunión política celebrada o pasado 7 de decembro de 2020 entre os copresidentes do Comité Mixto UE-Reino Unido onde recalcouse a importancia de garantir que o Protocolo de Irlanda e Irlanda do Norte contara con plenos efectos ao final do período transitorio, nesta nova reunión os copresidentes reiteraron o seu compromiso político co Acordo do Venres Santo.

© Pool photo by Christian Hartmann/AFP via Getty Images

Bruselas, 9 de febreiro de 2021. Os copresidentes do Comité Mixto do Acordo de Retirada mantiveron o pasado 3 de febreiro unha reunión virtual co Primeiro Ministro e o Viceprimeiro Ministro de Irlanda do Norte.

O Vicepresidente da Comisión Europea, Maroš Šefčovič, e o Chanceler do Reino Unido, Michael Gove, reiteraron o seu pleno compromiso co Acordo do Venres Santo (Belfast) e coa correcta aplicación do Protocolo, protexendo os logros do proceso de paz, mantendo a estabilidade e evitando a perturbación da vida cotiá da poboación de Irlanda do Norte e unha fronteira dura na illa de Irlanda.

Ambos condenaron sen reservas calquera ameaza ou intimidación, sinalando que a seguridade e o benestar da poboación de Irlanda do Norte serán sempre a máxima prioridade.     

Tras un debate construtivo entre todas as partes, o Vicepresidente da Comisión Europea, Sr. Šefčovič, e o Chanceler do Reino Unido, Sr. Gove, chegaron á conclusión de que a UE e o Reino Unido traballarían inmediatamente de forma intensiva para atopar solucións ás cuestións pendentes, que se abordarían a través do Comité Mixto.

Ademais, o Vicepresidente da Comisión Europea e o Chanceler do Reino Unido do  Ducado de Lancaster acordaron manterse en estreito contacto a medida que avancen estes traballos.

Máis información: Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal