British Parliament_by_Sundar_M

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019. O pasado xoves 18 de xullo o Parlamento británico aprobou unha emenda coa intención de evitar a súa suspensión para forzar un Brexit sen acordo. No caso de que o sucesor de May non chegue a un pacto coa Unión Europea, antes do 31 de outubro, non poderá saltarse o control parlamentario.

Unha iniciativa laborista

Hilary Benn, deputado laborista, propuxo esta cláusula para evitar que o sustituto da primeira ministra inglesa intente suspender as sesións da Cámara dos Comúns e así sortear os posibles esforzos doutros representantes para frear unha saída non pactada. A votación saldouse con 315 votos a favor e 274 en contra, aprobando a emenda por máis de 40 votos de diferencia.

Buscando un sucesor

Tras a dimisión de Theresa May, o pasado 7 de xuño, o partido conservador atópase inmerso na elección do próximo primeiro ministro. O resultado coñecerase a próxima semana, o martes 23 de xullo. No proceso interno de sucesión, que implica aos máis de 160,000 ao partido laborista, enfronta aos candidatos Boris Johnson, antigo alcalde de Londres e enconado defensor do Brexit sen importar as consecuencias, e a Jeremy Hunt, actual Secretario de Estado para Asuntos Exteriores.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal