Como vai afectar esta saída ao sector pesqueiro español?

Identificáronse varios segmentos de frota que faenan en augas baixo xurisdición do Reino Unido, así como investimentos de capital español en empresas de Reino Unido, que se verían afectadas en maior ou menor medida.

O sector da acuicultura representa unha porcentaxe baixa dentro dos nosos intercambios comerciais co Reino Unido, polo que se poderían atopar con facilidade mercados alternativos para o abastecemento e a exportación.

O obxectivo final para o sector pesqueiro é manter unha relación co Reino Unido que sexa o máis parecida á actual, é dicir, o mantemento do “ statu quo”.

En caso de acordo, a frota comunitaria e a británica continuarán tendo acceso mutuo ás súas augas respectivas. Durante o período transitorio negociaranse as condicións de acceso a augas e mercados que deben estar en vigor para a data límite do 31 de decembro de 2020 ou, no seu caso, a prórroga que se determine segundo o establecido no acordo.

En caso de non acordo, a frota comunitaria debería saír de augas do Reino Unido do mesmo xeito que a frota británica das augas comunitarias, incluída a composta por capital español.

Vaise poder seguir pescando en augas de Reino Unido?

En caso de acordo, en principio, poderase seguir pescando como ata agora en augas de Reino Unido ata, polo menos, o 31 de decembro de 2020.

En caso de non acordo, non se poderá seguir pescando en augas baixo xurisdición de Reino Unido a partir do 30 de marzo de 2019.

En ambas as situacións negociarase un acordo pesqueiro co obxectivo de poder seguir pescando en augas de Reino Unido a partir do momento en que non se poida continuar facéndoo.

Vanse poder utilizar os portos do Reino Unido para desembarcar?

En caso de acordo, si se poderán seguir utilizando nas mesmas condicións que ata agora ata o 31 de decembro de 2020.

En caso de non acordo, o Reino Unido tratará aos buques da Unión Europea como buques de terceiros países para o acceso aos seus portos.

Como afecta o Brexit ás cotas de pesca?

Para o ano 2019 as cotas adoptadas aplicaranse, haxa ou non ratificación do acordo de retirada.

En caso de acordo, as cotas que se adopten na Unión Europea aplicaranse tamén co Reino Unido no ano 2020.

En caso de non acordo, a partir do ano 2020 negociaranse as cotas de pesca dentro da Unión Europea como é habitual, e con outros terceiros países aquelas que se xestionen conxuntamente co Reino Unido.

Ao mesmo tempo deberase negociar o acordo en materia de pesca co Reino Unido no que se deberán establecer, entre outros asuntos, as cotas de pesca que correspondan a cada parte e o sistema de acceso ás augas.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal