Ursula von der Leyen con Minouche Shafik, directora da London School of Economics

A Presidenta da Comisión Europea transmitiu as súas dúbidas sobre a posibilidade de chegar a un acordo “en todos os sentidos” antes de final de ano

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2020. Na súa visita á London School of Economics a Presidenta da Comisión mostrou o seu receo perante o calendario marcado por Boris Johnson para pechar as negociacións sobre a saída de Reino Unido da Unión Europea. O premier británico marcou unha folla de roteiro moi clara co seu proxecto, aprobado pola Cámara Baixa, no que se prohibe expresamente a prolongación das negociacións máis aló do 31 de decembro de 2020.

Para Von der Leyen este lapso de tempo non será suficiente para chegar a un acordo exhaustivo sobre as relacións entre a UE e Reino Unido. “Sen unha ampliación do prazo do período de transición máis aló de 2020, non se pode esperar que estamos de acordo en cada aspecto da nosa colaboración no futuro”, aclarou. A Presidenta da Comisión asegura que chegar a acordos nas áreas prioritarias levará “nove ou dez meses, polo menos”, polo que solicitou que se reconsidere este marco temporal antes do 1 de xullo.

Neste sentido afirmou que a Unión está disposta a establecer uns acordos de colaboración “amplos e ambiciosos” con acordos preferentes en materia de clima, protección de datos, pesca, enerxía, transporte, seguridade ou materia fiscal. A pesar de mostrar esta postura amable e conciliadora tamén tivo duras palabras coa intención de Johnson de menoscabar o dereito á libre circulación entre a UE e Reino Unido, subscribindo as palabras de Michel Barneir, negociador xefe europeo en materia do Brexit.

Durante o seu discurso subliñou especialmente a necesidade de continuar a colaboración en materia de seguridade, amosándose moi interesada en manter a cooperación en materias como as ameazas transfronteirizas, as ciberseguridade ou o terrorismo.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal