Análise da Fundación Galicia Europa previo á votación sobre o acordo de Brexit

Bruxelas, 15 de xaneiro de 2019. A primeira ministra May anunciou o pasado luns 14 de xaneiro que, en caso de non aprobarse o Acordo de Saída na data fixada (15 de xaneiro) , é máis probable que o Brexit quede atrancado que o feito de que se produza unha saída sen acordo da UE. Así mesmo, lembrou outras ocasións nas que o Parlamento respectou e apoiou a decisión dos británicos en referendo e cre que esta non debe ser a excepción. Ademais, May afirmou que non está entre os seus plans unha ampliación do artigo 50, é dicir, que a saída do Reino Unido se aprace máis aló do 29 de marzo de 2019.

Últimas novidades:

- May non logrou ningunha concesión dos líderes da UE durante o período do Nadal, no que insistiu en que os parlamentarios votarían sobre o acordo na semana que comeza o 14 de xaneiro (o Reino Unido estará "en territorio descoñecido" se o rexeitan, advertiu). A principios de xaneiro lanzou unha nova rolda de chamamentos ao bloque para que lle desen marxe de manobra sobre a cuestión irlandesa. Desde a UE insistíase en que as negociacións sobre o acordo de retirada "concluíron" e que o bloque fora tan lonxe como lles era posible no que se refire á solución de emerxencia irlandesa. A estas alturas, só pódense realizarse axustes na declaración política.

- A UE ofreceu un "intercambio de cartas" confirmando a súa intención de concluír as negociacións comerciais en 2021, evitando así a necesidade da solución de emerxencia. Este intercambio de cartas entre May , Tusk e Juncker publicouse onte, e aínda que os textos enviados desde o continente non inclúen grandes avances con respecto ao xa dito con anterioridade, May si que conseguiu a confirmación dun inicio rápido das conversacións sobre a futura relación, e mesmo o uso de tecnoloxía que poida substituír o ‘ backstop’. Desa maneira, poderíase rematar o acordo comercial que regule as relacións entre Bruxelas e Londres de maneira acelerada e esa salvaguarda para a fronteira de Irlanda do Norte podería quedar fóra de xogo. Tamén se remarcou na misiva que a declaración política dos Vinte e sete tras o cume de decembro ten validez xurídica e que este papel e o acordo de saída conforman un paquete único, algo que xa afirmara antes a conservadora. Ademais, Tusk e Juncker falan da posibilidade dunha aplicación provisional do acordo de futuras relacións antes de que se aprobe nos Parlamentos nacionais dos Estados membros. Con todo, May non conseguiu que se poña unha data límite para unha eventual utilización do ‘ backstop’.

- Mentres tanto, o pasado martes 8 de xaneiro o Parlamento de Reino Unido apoiou unha emenda á Lei de Orzamentos que bloquea a capacidade económica do Executivo para facer fronte a unha saída da Unión Europea sen acordo. A emenda condicionará a previsión que se outorgou a si mesmo o Goberno para modificar os impostos no caso de que un Brexit sen acordo requirise de ingresos adicionais para facerlle fronte. Esixe tres condiciones para permitir ao Executivo utilizar esta prerrogativa: ou ben se aproba un acordo de Brexit que permita o seu desenvolvemento gradual, ou ben o propio Parlamento dá o seu visto e prace a unha saída “dura”, ou se non hai máis remedio negóciase unha extensión do Artigo 50 que permita retomar as negociacións e saír do enredo. Esta declaración supón a afirmación do Parlamento de que non tolerará un “ Brexit duro”.

Que podería pasar despois da votación de hoxe?

  • Como resultado de perder unha votación no Parlamento a pasada semana, a primeira ministra británica, verase obrigada a presentar un plan B sobre o Brexit en tres días se perde o “ meaningful vote”.

  • Se a marxe de derrota é inferior a 100, o goberno pode facer un chamamento final á UE27 para obter axuda coa esperanza pouco probable de que poida regresar ao parlamento cunha proposta substancialmente diferente.

  • En última instancia, May espera convencer ao DUP, a á dura dos tories e suficientes membros do partido laborista nunha segunda votación parlamentaria na que as eleccións posibles sexan o seu acordo de Brexit, Brexit sen acortdo ou ningún Brexit en absoluto.

  • O partido laborista podería organizar un segundo referendo comprometéndose a renegociar o acordo de retirada antes de marzo. Outra das posibilidades para o partido laborista é a convocatoria de eleccións anticipadas se May non consegue aprobar o Acordo de Saída. Nestes dous últimos casos, necesitaríase unha prórroga do artigo 50, que requiriría do consentimento dos 27 países europeos. - Por último, podería ser que o acordo fose aprobado. Nese caso, primeiro pasaría pola Cámara dos Lores (Cámara Alta británica) onde non tería obstáculos para ser aprobado. Despois, requiriría dunha maioría simple no Parlamento Europeo, e dunha maioría cualificada no Consello Europeo para ter efecto.

© Fundación Galicia Europa

ContactoAviso Legal